Os veciños de Corvillón non teñen onde lavar a man

    CAMBADOS> Os veciños de Corvillón non teñen onde lavar a man.Protestan pola falla de auga no lavadoiro. O Concello fixo unhas obras moi lucidas e cambiou a auga do río por auga potable. Agora, néganse a subministrarlle a da traída e as mulleres teñen que trasladarse a outras parroquias para lavar a roupa voluminosa que non cabe na lavadora. Os veciños de Corvillón non teñen onde lavar a roupa a man. Fai oito meses, o Concello de Cambados arranxou este lavadoiro e mudou o seu subministro de auga: quitou a do río da Chileta que o viña abastecendo nos últimos 200 anos por entender que non era potable e instalou auga da traída. Agora á volta do tempo o Goberno Local, segundo os veciños, non queren pagar o subministro nin lle repón o antigo, co que se quedaron sen auga. A veciñanza está en pé de guerra porque están fartas de ir ó Concello e que non os atendan e que sempre lle digan que non está o Alcalde para poder falar con el. Así as cousas, non saben a onde acudir e tampouco onde poder lavar a man. Á falla de auga hai que engadir un problema de salubridade posto que o lavadoiro estase a encher de bechos mortos e de lixo. Amais, varias veciñas aseguran que esta parroquia está abandonada noutros sensos, posto que mesmo hai fochancas á beiravía de desaugue de lixo sen protección algunha, co que calquera pode caer nelas. {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/lavadoiro_.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2013/10outubro/09/DENUNCIA_CASA_ROSITA.mp4{/flowplayer}