O Son contará cunha nova EDAR para dar servizo ó casco urbano e á zona norte

depuradoraportodoson_100_011008.jpgPORTO DO SON > Xa están en marcha os traballos de construción dunha depuradora no lugar do Loreto, na parroquia sonense de Noal.

{flowplayer}barbanza/depuradoraportodoson.flv{/flowplayer}

Acadar unha depuradora para o concello de Porto do Son foi un dos retos que se propuxo o rexedor sonense, Manuel Tomé, cando accedeu ao goberno hai un ano e medio. Hai uns días deron inicio os traballos desta actuación no lugar de Loreto onde se emprazará esta estación depuradora nun terreo de mais de tres mil metros cadrados.

Demora

Segundo explicou o rexedor, este proxecto ralentizouse máis dun ano por mor da desidia do anterior goberno, que non puxo a disposición de Augas de Galicia malia existir un proxecto aprobado e unha partida presupostaria asignada de 216 mil euros. 

Nova ubicación

Por este motivo, o actual executivo sonense buscou outros terreos onde poder emprazar a depuradora e pagar por eles un prezo adecuado. Esto permitiu que a partida dispoñible chegase para mercar a superficie axeitada e arranxar os accesos para a nova infraestrutura

A empresa Taboada Ramos está a executar os traballos de construción da nova depuradora dará servizo á zona Norte e ao casco urbano do municipio de Porto do Son. Esta mesma firma será a encargada de xestionar posteriormente o servizo. Tomé agarda que se cumpran os prazos previstos e o municipio poida contar con esta estación depuradora antes do remate desta lexislatura.

Redacción Barbanza