Os exemplares máis espectaculares de camelia danse cita en Vilagarcía

VILAGARCÍA> Vilagarcía acolle a LIV edición do Concurso Internacional de Camelia. Durante unha semana, na localidade daranse cita algúns dos exemplares máis fermosos desta especie. Ademais, como é habitual, vanse desenvolver varias actividades paralelas, como un concurso fotográfico ou outro de escaparates.

A camelia é unha das flores máis admiradas dos xardíns galegos. Durante os vindeiros días, Vilagarcía acollerá diversos actos arredor desta especie. O concello organiza a LIV edición do Concurso e Exposición Internacional da Camelia, un evento que rula entre Vigo, a Deputación e Vilagarcía. Terá lugar na fin de semana do 10 e 11 de marzo na contorna da praza da Peixería. o evento contará con varias actividades paralelas como un desfile de moda de Franco Quintáns, un concurso de fotografía ou outro de escaparates para que aínda está aberto o prazo de inscrición.

Ademais, xusto na fin de semana anterior, a do 3 e 4, terá lugar a décima edición do certame da camelia de Rubiáns, coorganizada este ano entre a Asociación O Souto e Ravella.

Aproveitando esta semana centrada na camelia, o Pazo de Rubiáns celebrará varias visitas guiadas, entre o xoves 8 e o domingo 11. Poden face-la súas reservas en protocolo@vilagarcia.gal.