“Degusta Europa” saborea os produtos de O Grove

    O GROVE> Arroz caldoso de mariscos, ou ensalada de xarda mariñada, son algúns dos pratos que esta mañá prepararon os alumnos da escola de hostalaría Carlos Oroza no Mercado do Grove. Unha actividade enmarcada no programa “Degusta Europa” da Deputación de Pontevedra. Arroz caldoso de mariscos, ensalada de xarda mariñada, firtos do camiño con salsa mariñeira, herbas do camiño, batido verde do mercado….E todo, con ingredientes recén saídos da propia praza de abastos, e elaborados polos alumnos da escola de Hostalaría Carlos Oroza de Pontevedra. Este menú de luxo era o que puideron probar esta mañá os que se decidiron a pasar polo Mercado do Grove. Con motivo do Día de Europa, a Deputación de Pontevedra celebrou por segundo ano consecutivo “Degusta Europa”, unha iniciativa que busca promover os mercados locais e ó mesmo tempo impulsar os productos das Rías Baixas . No Degusta Europa deste ano, os pratos estiveron inspirados nos Camiños Xacobeos. Pero quén mellor para presentalos, que os propios cociñeiros, as futuras promesas da cociña galega. Unha experiencia sensorial para os que pudieron gozar das tapas, pero unha gran experiencia profesional para estes alumnos. O esforzo sempre ten a súa recompensa, e tras rematar a xornadas este alumnos da Carlos Oroza puideron degustar as súas creación e saborear a satisfacción do traballo ben feito.