Corazón de Meaño sortea ata o 10 de marzo 8.125 euros

    campana_meano100.jpgMEAÑO> O Centro Comercial Urbano Corazón de Meaño repartirá entre os seus clientes máis de 8 mil euros en premios.

    {flowplayer}images/salnes/campana_meano.flv{/flowplayer}

    MEAÑO> O Centro Comercial Urbano Corazón de Meaño repartirá entre os seus clientes máis de 8 mil euros en premios.

    Desde hoxe bota a andar a campaña ‘Polo noso ben’, que se estenderá ata o vindeiro 10 de marzo. Durante este mes, os 65 establecementos asociados contarán con 500 rascas para agasallar ós seus clientes. E en cada tenda haberá tarxetas con premio seguro, que o gañador ha de gastar alí mesmo. Os establecementos repartirán en total 125 euros cada un.

    Amais desta campaña, o comercio local de Meaño tamén colaborará nas actividades de Entroido. O vindeiro martes 16 celebrarán uns talleres para nenos de 4 a 12 anos, na casa de Cultura de Dena, entre as 10 e a unha e media da tarde.

    A directiva de Corazón de Meaño tamén está a preparar unha cea baile para xuntar por primeira vez a tódolos socios. Será o cinco de marzo e a invitación custará 30 euros.

    Redacción Salnés