![]()
VILAGARCÍA > Os veciños de Veiga de Lamas, en Carril, esixen solucións e as queren xa. Día tras día están a ver como ás obras…
…da promotora Costa Verde están, segundo eles, a utilizar terreos que pertencen a tódolos veciños.
De momento non tiveron resposta dende o Concello e aseguran que están dispostos a chegar ata onde faga falta. Están esgotados de ver como día tras día as obras desta urbanización avanzan e, segundo eles, a súa costa. Piden que se faga xustiza xa que pouco a pouco o trazado destes edificios vai crecendo e afectando cada vez máis ós seus terreos. 5 veciños de Veiga de Lamas narraronnos como está a día de hoxe a situación.
Afirman que, por exemplo, o ancho das estradas róuballes nalgúns casos ata catro metros das súas propiedades. O fin da promotora, segundo eles, e gañar metros para construír unha piscina. Aseguran que xa presentaron as súas queixas ante o Concello e que de momento non encontraron máis que respostas vagas. Mentres, as obras seguen o seu curso.
Estes veciños afectados afirman que dende o principio das obras os problemas coa promotora están á orde do día. Ademais, as obras no camiño tamén afectan ao lugar de Trabanca Sardiñeira.
Redacción Salnés









