O proxecto da parcelaria podería estar listo a finais de ano

    concentracion_parcelaria_catoira_100_090210_copia.jpgCATOIRA> Nestes momentos a resolución dos recursos presentados ás bases do documento e as obras na rede de camiños centran os traballos.

    {flowplayer}images/salnes/090210_parcelaria_catoira.flv{/flowplayer}

    A concentración parcelaria de Catoira é unha das de maior envergadura que se están a levar a cabo na provincia de Pontevedra. Afecta á práctica totalidade do concello, 2.065 hectáreas de terreo pertencentes a 2.433 propietarios. Nestes momentos as xestións administrativas e as actuacións na rede de camiños están a centrar tódolos traballos. Aínda non hai un proxecto en firme, porque para acadalo, primeiro é preciso resolver os recursos planteados ás bases. É dicir, determinar a cualificación dos terreos como de labradío, monte ou prado e delimitar a súa superficie. A resolución destes recursos, en concreto os relativos ás zonas de monte, son os que máis están a retrasar a concentración.

    Mentres, estase a executar a rede de camiños principais, que abrangue 112 quilómetros. Xa realizaron unha voadura sobre toda a superficie para fixar a situación exacta que deben ocupar estas vías en plano. Unha estrutura de base para que logo queden ben determinadas as parcelas.

    Unha vez se rematen estas obras e se completen os recursos ás bases procederase á redacción do proxecto, que calculan podería estar listo a finais de este ano ou principios do que vén. Desde que no ano 2000 se comezou coa concentración parcelaria en Catoira, lévanse investidos preto de catro millóns de euros.

    Redacción Salnés