A oposición de Ribeira tomba a proposta do equipo de goberno de sacar adiante os orzamentos de 2022

RIBEIRA> Soberbio, ditador ou estratego. Estes foron só algúns dos cualificativos que os grupos da oposición lle trasladaron ó alcalde, Manuel Ruíz, no pleno extraordinario de aprobación inicial de orzamentos celebrado onte pola noite.

Ata o último momento o equipo de goberno tratou de recadar os apoios necesarios para sacar adiante o documento orzamentario, atopándose unha vez e outra, co rexeitamento do resto de forzas na corporación municipal.

O rexedor insistiu novamente nas razóns que o levaron agora a presentar, a un mes do remate do ano, os presupostos.

Aínda así, os grupos da oposición mantiveron a súa postura. A maioría dos grupos criticaron a actitude do goberno local de non querer negociar con anterioridade o documento, deixando todo para o último momento.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí