Cedonosa non reanudará a súa actividade, polo momento

    cedonosa_copia100.jpgVILAGARCÍA> Así o explicaron os membros da CIG, esta mañá, tralas informacións vertidas sobre o inminente funcionamento da fábrica. Os sindicatos reuniranse cos Administradores concursais.

    {flowplayer}images/salnes/CEDONOSA.flv{/flowplayer}

    Dende a CIG sinalaron que varios compañeiros doutras centrais sindicais están a falar da inminente actividade de Cedonosa. Puntualizaron que isto non é certo. De feito, afirman que durante a reunión mantida o luns na Consellería de Economía e Industria non se sacou nada positivo, xa que o empresario Lomba Camiña non ve viable a reapertura da fábrica.

    O sindicato afirmou que existe unha frustración moi grande entre os traballadores porque non ven unha saída á situación. Está previsto que se reúnan cos administradores concursais para que se lles pague as cantidades endeudadas da indemnización.

    Sinalaron que os empregados están moi enfadados xa que, afirman, avisaron ó empresario da necesidade de inversión na empresa para poder saír a flote e que este non fixo nada.

    Segundo os cálculos da CIG débeselle a cada traballador preto de 4.000 euros.

    Redacción Salnés