A familia Posse reclama cambios na Lei de Enxuizamento Criminal

    isabel_posse_100.jpgCAMBADOS> Os avogados da familia de Mari Luz Posse, presentaron esta mañá no xulgado número 3 de Cambados, o recurso de apelación …

    {flowplayer}images/salnes/ISABEL_POSSE.flv{/flowplayer}

    CAMBADOS> Os avogados da familia de Mari Luz Posse, presentaron esta mañá no xulgado número 3 de Cambados, o recurso de apelación contra o auto de liberdade provisional para Jaime Maiz. Os letrados basean o seu alegato na existencia de alarma social e risco de fuga. Espérase que a sala Cuarta da Audiencia Provincial dea o seu ditame a vindeira semana.

    Mentres os avogados moven ceo e terra para que o presunto asasino de Mari Luz Posse regrese ó cárcere, a familia estase a mobilizar para cambiar a lexislación de enxuizamento criminal. Para elo, están levando a cabo unha recollida de firmas. Sinalan que, con esta iniciativa, ningunha familia nin ningunha muller sufra o mesmo que Mari Luz.

    Esta mañá, a irmá de Mari Luz, Isabel Posee entregou a folla de firmas no Concello de Vilagarcía, pero xa lograron mobilizar xente de A Coruña, do Barbanza e, incluso, de Madrid. Pese á fortaleza que están a demostrar, os familiares seguen desfeitos.

    A familia Posse está a recibir un gran apoio por parte de asociacións e Concellos como o de Cambados e o de Vilagarcía. Dende Ravella, estase a preparar unha concentración para o día 19 en sinal de repulsa pola liberación de Jaime Maiz.

    Redacción Salnés