A ILLA DE AROUSA> A revolución virtual do comercio e hostalería do Salnés xa está en marcha. Hoxe botou a andar ‘Salnés Click’, unha plataforma de comercialización online para a promoción e venda de produtos e servizos e o fomento do turismo de compras. O portal nace converténdose xa no centro comercial virtual máis grande de Galicia, con máis de 300 establecementos adheridos.
Ás 12:15h desta mañá naceu Salnés Click. A plataforma busca ser unha ferramenta que serve para dinamizar e visibiliza-lo comercio de proximidade.
O Salnés Click é xa o centro comercial virtual máis grande de Galicia, con máis de 300 negocios adheridos. Ten as características dun centro comercial físico, cunha ampla oferta de comercio, ocio, hostaleria e servizos.
O portal convértese así nunha completa carta de presentación de todo o que ofrece a comarca. Unha oportunidade para o estímulo de comercio e hostalería entre os veciños do Salnés, pensado tamén para aqueles que nos visitan. Ademais, dentro da oferta gastronómica, o Salnés Click inclúe unha novidoso servizo de busca por produtos.
Para o Consorcio de Hostalería do Salnés, a plataforma serve aos negocios de gran escaparate con proxección local e global. Un paso á fronte, din, que chega nun contexto especialmente complicado, por mor da covid.
Salnés Click é unha realidade grazas a un convenio entre a Mancomunidade do Salnés e a Axencia de Turismo de Galicia. Ten un orzamento de 12.000 euros, financiado pola Xunta.