O GROVE> A partir do dous de marzo abrirá o prazo para que as familias poidan solicitar unha praza para a rapazada nos Campamentos da Lanzada da Deputación de Pontevedra.
A Xunta de Goberno Provincial aprobou este venres as bases para este ano, para o que van destinar uns 450.000 euros. Ao igual que na edición do pasado verán, vanse habilitar 1540 prazas para nenos e nenas da provincia nados entre 2013 e 2018.











