A directiva do Arousa pídelle tempo e fe ó plantel

gomez250_110309.jpgVILAGARCÍA> A directiva do Arousa mantivo onte unha xuntanza cos capitáns do primeiro equipo para intentar atopar unha saída ó conflicto existente. Todo apunta a que os xogadores non cumplirán coa súa ameaza de non presentarse o domingo ó partido ante ó Coruxo logo de achegar posturas na reunión de onte.

{flowplayer}images/salnes/Arousa_110309.flv{/flowplayer} 

A directiva do Arousa saíu bastante contenta da xuntanza que mantiveron onte con Nelo, Santos e Fernando, os tres capitáns do conxunto vilagarcián. Segundo Gómez e Coira as sensacións son positivas e intúen que o plantel non chegará ó extremo de non presentarse ó domingo ó encontro ante o Coruxo, que de suceder, sería practicamente a estocada final a un Arousa ferido xa de gravidade.

Tras preto dunha hora de reunión, cren que lles darán un voto de confianza, sobre todo despois de ter escoitado deles que tentarán facer un chamamento á sociedade vilagarcián para que ésta bote unha man ó club. Con todo, a situación continuará igual, sempre e cando o resto do plantel estea dacordo cos capitáns en aparazar as súas accións drásticas.

Pouco cambia de onte para hoxe, cando Gómez deixou a porta aberta para que unha nova directiva tomase o seu relevo. A cúpula do Arousa proseguirá esta semana na procura de cartos que poidan cubrir as dúas mensualidades que lle exixen os xogadores.

Redacción Salnés