Bo papel dos rapaces vilagarciáns na Regata Caixanova

vela250_210108.jpgVIGO > A pesar de que so se desfrutou de vento na xornada do domingo, esta foi suficiente para completa-las tres probas programadas na regata Caixanova de Optimist, terceira proba puntuable para o ránking galego 2007/2008.

A proba foi organizada polo Real Club Náutico de Vigo e nela participaron máis de 130 barcos. O sábado pola tarde houbo unha calmada xeral na Ría de Vigo, polo que se tivo que suspender a xornada e adiantar nunha hora a do domingo, aproveitando así o vento de nordés.

Cos factores climatolóxicos en condicións idóneas para a práctica da vela, desputáronse as tres mangas. En Clase A, a primeira foi gañada por Nicolás Miñones seguido por Roi Rogel, ambos do Liceo Casino de Vilagarcía. O propio Rogel chegou terceiro na seguinte manga, pero cedeu postos na derradeira para finalizar na xeral en terceira posición. Miñones foi cuarto.

En Clase C resaltar tamén o terceiro posto doutro vilagarcián, Adrián Domínguez.

Estas regatas outorgarán ós mellores clasificados a posibilidade de formar parte da selección galega nas súas respectivas categorías.

Redacción Salnés