A Autoridade Portuaria inaugura o seu novo Centro de Control

    centro_control_copia100.jpgVILAGARCÍA> Javier Puertas afirmou que é un paso importante para melloralas infraestruturas e servizos do porto vilagarcián.

    {flowplayer}images/salnes/CENTRO_CONTROL_PORTO.flv{/flowplayer}

    No edificio se recollen tódolos servizos de seguridade portuarios, como a policía portuaria e o servizo de medioambiente. En caso de crise, convertirase no centro neurálxico de toma de decisións e un servizo de cobertura para a Capitanía Marítima.

    Para cubrir todas estas expectativas, levouse a cabo unha reforma total e unha ampliación do edificio de servizos do porto no Peirao Comercial, dotándoo dunha nova pranta. A inversión realizada para as obras ascendeu a máis de 400.000 euros cun prazo de execución de 12 meses.

    No novo piso sitúase o centro de control propiamente dito, dende o cal é posible supervisar todo a actividade que se realiza no recinto. Ademais, ofrece unha excelente panorámica directa dos distintos peiraos e máis centrada a través dos sistemas de videovixilancia.

    As obras incluíron ademais, a reforma das plantas baixa e primeira, para adaptarse ás actuais necesidades de traballo.

    Redacción Salnés