O BNG pídelle a Portos máis axilidade na recollida dos residuos

    bng_cambados_colectores_100.jpgCAMBADOS > O retraso na recollida selectiva dos colectores dos portos cambadeses de San Tomé e Tragove estase a derivar nunha acumulación constante dos materiais …

    … de refugallo nestes peiraos. Unha situación pola que o BNG local xa pediu mediante un escrito a Portos de Galicia, de quen depende a recollida do lixo, que mellore a súa xestión.

    A acumulación constante dos residuos nos colectores dos portos de Tragove e San Tomé de Cambados poden converterse á larga nun problema de contaminación pra estes peiraos. Así o asegura o BNG local, que tamén se queixa do retraso na recollida dos materias de refugallo, que lle afécta tanto os colectores de madeiras, cartón, vidro,neumáticos, cabos, aparellos así coma o dos aceites e filtros, onde tamén se poden ver ó seu carón garrafas e recipientes depositados.

    O mal funcionamento da recollida dos residuos portuarios que denuncian dende o BNG local, prodúcese nus peiraos onde se rexistra unha importante actividade, que fai precisa un baleirado máis eficaz. Por isto lle piden a Portos de Galicia unha mellor xestión que se traduza na diminución da periodicidade das recollidas. Ademais, os nacionalistas tamén temen que esta situación poida transmitir unha imaxe de abandono que poidan secundar os traballadores dos portos.

    Dende o BNG local lembraron esta mañá que a conservación do bo estado do contorno dos peiraos onde están os colectores é requisito básico pra o mantemento medioambiental das zonas portuarias.

    Redacción Salnés