Parlamentarios do PPdeG escoitan as demandas dos empresarios

    parlamentarios_pp_100_150210.jpgVILAGARCÍA> Os populares viaxaron desde Santiago en tren para amosar o seu apoio á demanda do tren de proximidade.

    {flowplayer}images/salnes/150210_parlamentarios_pp.flv{/flowplayer}

    Vilagarcía foi desta volta a cidade escollida polos representantes do grupo popular no Parlamento galego para coñecer as inquedanzas e necesidades do seu sector empresarial. A xuntanza forma parte da rolda de contactos que esta formación vén mantendo en toda Galicia para escoitar as demandas da cidadanía. Nesta ocasión estaban citados entre outros membros da Federación de Empresarios da Comarca de Arousa e da Cámara de comercio. O paro e a crise son os temas que máis preocupan no sector. Así llo transmitiron ós parlamentarios populares, que tomaron nota e comentaron con eles as medidas polas que están a loitar tanto no Congreso dos Deputados como na cámara galega.

    Os populares desprazáronse desde Santiago a Vilagarcía en tren. Unha viaxe tamén simbólica, coa que amosan o seu apoio á demanda dun transporte ferroviario de proximidade na zona.

    Outro dos temas controvertidos que non podían deixar pasar é a fusión das caixas galegas, unha postura que os populares defenderon ante os empresarios como unha vía para fortalecer o tecido socioeconómico da comunidade.

    Tamén conversaron sobre a necesidade de impulsar vías de comunicación como a autovía Vilagarcía-Pontevedra. Ruiz Rivas salientou que este ano comezarán as obra do tramo que une Curro e Baión.

    Redacción Salnés