Xornada nefasta para os representantes do Salnés

futbol250_150210.jpgSALNÉS> Na Terceira, Céltiga e Vilalonga sumaron sendos empates na casa mentres que unha categoría por debaixo Arousa, Portonovo e Sanxenxo caeron a domicilio. O Cambados lfoi o único que sumou os tres puntos.

Non se cumpríu a máxima de "adestrador novo, victoria segura" e o Céltiga sumou a súa décima xornada sen gañar. Puidéronse ver certos cambios introducidos por Antonio Gómez pero algúns erros do pasado continúan a condenar ó equipo. O empate ante o Narón (2-2) podería calificarse de positivo ante un dos conxuntos máis fortes da categoría, pero non tralo visto sobre o céspede. O mal arranque dos da Illa fíxolles encaixar ós nove minutos. Co marcador en contra xogaron máis e mellor e culminaron a remontada a dez para o remate tras tantos de Adrián e Manuel. Pero na prolongación un despiste quitoulles dous puntos que os manteñen na parte baixa da táboa.

Tamén sumou un punto o Vilalonga ante o Bergantiños nun encontro que estivo condicionado pola expulsión de Roberto Pazos á media hora de partido. Pese a quedarse con dez os de Gabi Leis non sufriron en exceso e ambos equipos semellaron conformarse cun empate sen goles que aburríu ós afeccionados que se deron cita en San Pedro. Os celestes seguen a ser oitavos e xogarán a semana que ven ante o pechacancelas Verín. O Céltiga pola súa parte visita o cuarto na xeral, o Coruxo.

As cousas foron aínda peor na Preferente Sur na que tan só foi quen de gañar o Cambados, grazas a un tanto de Cascallar nos derradeiros minutos. 0-1 ante o Nogueira de Ramuín que deixa ós de Carregal nunha situación moi cómoda da xeral.

O outro que sumou foi o Ribadumia, un meritorio empate na casa fronte o Barbadás. Julio igualou no segundo tempo o tanto feito polos ourensáns antes do descanso. Os de Carducho continúan lonxe do descenso.

No resto de encontros, malas novas. Tres derrotas para os tres equipos que aspiran a loitar polo ascenso. O Portonovo cae á terceira praza da xeral logo de deixarse os puntos en Aldán ante o Rápido Bahía (1-0). Tiveron máis ocasións os branquiazuis pero a efectividade local decidíu.

Tamén caeu o Arousa (2-1) ante un Covadonga que levaba unha victoria nos últimos quince partidos pero que foi quen de superar ós vilagarciáns. Un gol de Camiño poñía o 0-1 na primeira parte pero os locais remontaron nun encontro marcado pola polémica actuación arbitral da que se queixaron no seo do Arousa.

O Sanxenxo descende á sexta praza da xeral e quédase a dous puntos do ascenso logo de caer ante o Pontellas pola mínima. Un gol de Ferreiro ós 11 minutos decidíu. Os de Calucho mereceron mellor sorte logo de dominar duarnte boa parte do choque.

Redacción Salnés