A Policía Local vixiará o cumprimento da ordenanza das terrazas

    terrzas copia100.jpgVILAGARCÍA> Rosa Abuín animou ó sector a elaborar as súas propostas para contar canto antes co mobiliario.

    {flowplayer}images/salnes/TERRAZAS_VILAGARCIA_POLICIA.flv{/flowplayer}

    A Policía Local vilagarciá comezará a realizar inspeccións polas terrazas para comprobar se cumpren coa ordenanza que regula a instalación de mobiliario en espazos públicos. Cando menos iso ven de anunciar o concello. A pesares de que a polémica norma, que busca a homoxeneización destas instalacións, xa entrou en vigor o pasado mes de outubro, aínda son moitos os establecementos que contan co seu mobiliario na rúa.

    Ata o momento, dende a concellería de Promoción Económica, impulsora da norma, estase a actuar con flexibilidade. Pero recordan ó sector que deben adaptarse ó establecido na nova ordenanza canto antes. Dende a súa entrada en vigor, o goberno local xa enviou a varios establecementos requerimentos para que os hostaleiros se adapten á normativa vixente. De aí que non se descarten tomar novas medidas para asegurarse do seu cumprimento, como a xa anunciada das inspeccións.

    Por outra banda, a concelleira de Promoción Económica, Rosa Abuín, animou ó sector a elaborar as súas propostas, co obxectivo de que os establecementos vilagarciáns conten con terrazas regularizadas e mobiliario homoxéneo antes da chegada do bo tempo.

    Redacción Salnés