Máis de 50.000 persoas participaron nos programas sociais da Deputación

    programas_sociais_100_160210_copia.jpgPONTEVEDRA> Entre os servizos máis demandados no 2009 estiveron a teleasistencia domiciliaria, os cursos de formación laboral ‘Actívate’ ou o ‘Pensa en ti’.

    {flowplayer}images/salnes/160210_programas_sociais.flv{/flowplayer}

    O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, presentou esta mañá xunto á deputada de Servizos Sociais, Teresa Pedrosa, os programas e actividades que vai impulsar o organismo provincial este ano. Nestes intres xa está aberta a inscrición para participar en dous. Un deles, o de ‘Saúde e Benestar’, no que maiores de 50 anos poderán gozar dunha estancia de 6 días nun hotel balneario da provincia. Ofértanse 1.800 prazas, e a falta de 15 días para pechar o cupo xa contan con 1300 solicitudes. A segunda iniciativa que tamén está en marcha é o ‘Camiña con nós’, para que cativos de terceiro e cuarto da ESO percorran un tramo do camiño portugués a Santiago de Compostela. Na vindeira comisión de goberno iniciaranse os trámites para contratar os programas ‘Ti tamén contas e ‘Pensa en ti’. Este último dispón dunha dotación económica de 497.000 mil euros para organizar cursos de formación dirixidos a mulleres.

    A mesma liña segue ‘Ti tamén contas’, pero neste caso, os beneficiarios serán asociacións de persoas maiores, unhas 150 en toda a provincia de Pontevedra.

    Este venres está previsto que se aprobe unha nova edición do programa diurno de balnearios, e na que se estima que participarán unhas 4.600 persoas. A convocatoria desta mañá tamén serviu para presentar o balance das actividades que se realizaron durante o ano pasado. Participaron nelas máis de cincuenta mil persoas. Entre os servizos que rexistraron unha maior demanda salientan a teleasistencia domiciliaria, con 1.400 usuarios, os programas diurnos de balnearios, e os cursos de formación laboral ‘Actívate’ ou o ‘Pensa en ti’.

    Redacción Salnés