Paso de xigante do Viajes Interrías cara a permanencia

futbolsala250_160210.jpgSALNÉS> Unha de cal e outra de area para os conxuntos do Salnés nesta xornada. A boa nova deixounola o Viajes Interrías que se impuxo ó Cistierna mentres que o Grupo Junquera caeu no Barco de Valdeorras por 3-2.

O Viajes Interrías prosigue coa súa escalada na clasificación. Pódeselles tachar de irregulares ou de ser o conxunto que máis goles encaixados levan da competición, pero nunca erran contra un rival directo pola permanencia. Coa do sábado sumaron a súa oitava victoria da temporada (6-3) que os deixa séptimos na xeral, alonxándose cada vez máis do descenso.

Non foi un encontro sinxelo ante un Cistierna máis necesitado que os portonoveses. De feito e pese a que os locais adiantábanse no primeiro minuto, os leoneses remontaron. Pero non contaban con que era o día de Javi Alvéndiz. O xogador do Interrías asinou catro tantos que foron decisivos para o seu equipo, sobre todo na segunda parte cando a dez para o remate o partido estaba igualado a tres. Ahí apareceu a mellor versión do Interrías para matar o encontro. Iago e Alan fixeron os outros dos tantos dos de Salgueiro, que agora visitarán ó equipo que lles precede na clasificación, o Puertas Deyma, ó que nunca foron quen de vencer.

Non lle foron tan ben as cousas ó Grupo Junquera na Primeira Nacional B. Os vilagarciáns caeron ante un rival directo polo ascenso como o Pizarras Los Tres Cuñados por 3-2, nun choque que tivo claro dominio visitante, pero no que o maior acerto de cara a portería dos ourensáns acabou por condenalos. Chini e Jaime fixeron os tantos do Junquera. Manteñen a terceira praza da xeral aínda que a semana que ven deberán recibir en Fontecarmoa ó Pinturas Brulak, segundo da clasificación.

Redacción Salnés