O PSdG insta á Xunta a trasladar ENCE fóra da Ría de Pontevedra

    psoe_copia100.jpgPONTEVEDRA> Deste xeito, piden que o goberno de Núñez Feijóo impulse unha solución concertada con tódolos axentes implicados

    {flowplayer}images/salnes/CARMEN_GALLEGO.flv{/flowplayer}

    A través desta iniciativa, presentada no Parlamento Galego o pasado 18 de xaneiro, os socialistas pretenden conseguir que o goberno de Alberto Núñez Feijóo, defina a súa vontade acerca do traslado de ENCE xa que a concesión administrativa remata no 2018. Do mesmo xeito, o PSdG, insta á Xunta a buscar modos de incentivar proxectos para pechar o ciclo produtivo do papel en Galicia.

     Carmen Gallego, sinalou que a negociación é complicada, pero que é necesario facela canto antes, para recolocar a planta de ENCE. Afirmou que a anterior Xunta estivera reuníndose con membros da empresa durante 3 anos. Engadiu que o mellor para o medioambiente é situala factoría fóra da ría de Pontevedra.

    A deputada autonómica afirmou que a empresa está disposta a trasladarse. Así está no aire a posible ubicación da factoría en As Pontes de García Rodríguez, en A Coruña.

     Redacción Salnés