NOIA> Cáritas e Cruz Vermella fan un chamamento á solidariedade durante este Nadal. En Noia, están a rexistrar un incremento da demanda tralo peche forzoso da campaña marisqueira que prexudicou á economía de moitas familias.
Cáritas de Noia atenderá este Nadal a unhas 105 familias con dificultades. A demanda de axuda repuntou tralo peche anticipado da campaña marisqueira posto que supón un dos piares da actividade económica do municipio.
Aínda que o gasto principal é o que se destina a alimentación, durante o inverno destaca tamén o gasto enerxético destinado a quentar os fogares.
Dende Cruz Vermella fan un chamamento tamén á colaboración para recoller artigos de limpeza e hixiene persoal así como mantas.
Estas entidades traballan en colaboración co concello que realiza durante este Nadal diversas actividades solidarias para recadar fondos e alimentos.











