Multitudinario adeus ó mariñeiro do ‘Ficha Segundo’

    RIBEIRA> Esta tarde tivo lugar o enterro e posterior funeral de Francisco Javier García Pouso, o mariñeiro falecido o pasado luns a unhas vinte millas da costa de Burela.

    {flowplayer}barbanza/funeralmarineiroribeira.flv{/flowplayer}

    As imaxes que están a ver corresponden coa chegada do coche fúnebre ó cemiterio municipal de Santa Uxía. Acompañando ó féretro un nutrido grupo de persoas, na súa maioría veciños, amigos e familiares do finado que deste xeito quixeron tributarlle un último adeus a Francisco Javier García Pouso. Poteriormente e xa na igrexa parroquial celebrouse un multitudinario funeral, ó que acudiron tamén diversas autoridades, entre elas o Subdelegado do Goberno, Xosé Manuel Pose, ou o propio alcalde de Ribeira, Xosé Luís Torres Colomer, así como tamén demais membros da corporación municipal. O mariñeiro ocupaba no buque o posto de engrasador, tiña 43 anos. Deixa muller e dous fillos.

    Causas naufraxio

    E segundo van pasando as horas vaise tendo tamén máis información sobre o acontecido da man dos propios supervivintes ó naufraxio. O parecer, e sempre á espera da posterior investigación oficial, todo apunta a unha confluencia de diversos factores como a posible causa da traxedia: o excesivo peso do peixe capturado tanto polo Ficha Segundo como pola súa parella o Marpar Segundo, o peso da auga que había no copo e un golpe de mar. Todas estas circunstancias provocaron que o barco escorara e unha posterior onda levou ó envorcamento do arrastreiro.

    Redacción Barbanza