Arpistas nacionais e internacionais confluirán en Noia

    NOIA> Acollerá o primeiro festival internacional de arpa en Galicia.

    Do 5 ó 7 de agosto, Noia será meca de arpistas nacionais e internacionais, segundo anunciou o seu concelleiro de cultura. Javier Rodríguez mostrouse orgulloso do programa que elaboraron desde o departamento que dirixe, que ven a reforzar a súa aposta pola cultura galega. O obxectivo deste festival e potenciar a imaxe da arpa, un instrumento co que non está familiarizado gran parte do público. A esta cita acudirán interpretes de Irlanda, Bretaña e Galicia. Todos eles aportarán estilos característicos e distintos que confluirán na vila noiesa para goce dos públicos máis esixentes. As actuacións desenvolveranse en tres importantes espazos do casco antigo, fusionando cultura musical e cultura arquitectónica. Desde o concello convídannos a achegarnos á vila para coñecer máis acerca deste máxico instrumento. Paralelamente, levaranse a cabo obradoiros de arpa para aqueles interesados.