Os funcionarios toman as rúas para protestar polos recortes

    concentracion_cambadoscopy.jpgCAMBADOS> En Cambados os traballadores públicos concentráronse ás once da mañá. Consideran que son unhas medidas inxustas e contra os seus dereitos.

    {flowplayer}images/salnes/CONCENTRACION_FUNCIONARIOS.flv{/flowplayer}

    Decenas de funcionarios de Cambados saíron esta mañá á rúa para manifestalo seu rexeitamento ós últimos recortes anunciados polo goberno de Rajoy. Como xa se coñecía entre eles atópase a supresión da paga extra de Nadal para os traballadores públicos.

    Funcionarios do centro de saúde, do INEM, da administración local ou do xulgado. Todos unidos ocuparon esta mañá a praza do concello durante unha media hora. Pero estes traballadores non foron os únicos que se manifestaron hoxe. Miles deles o fixeron en toda Galicia ás portas de diferentes edificios públicos ante o que consideran unha inxustiza. Aseguran que a supresión dunha paga extra vai repercutir en toda a economía e non entenden porque non aplican os recortes a outros niveis.

    Aínda así, algúns mesmo manifestaron que estarían dispostos a asumilos axustes no salario se iso fose ter algunha consecuencia positiva. Pola contra, este recorte, máis o resto anunciado polo goberno (como a suba do IVE ou a redución da prestación por desemprego), aseguran non vai reactivala economía e vai prexudicar a toda a clase traballadora.

    Por iso, algúns entenden que sería imprescindible facer un referendum para que os cidadáns poidan expresar a súa opinión.

    Pola tarde deuse paso xa ás manifestacións convocadas polos tres sindicatos, CCOO, UXT e CIG, desta volta todos unidos. No Salnés as citas foron ás nove en Vilagarcía e ás oito e media en Pontevedra.

    Redacción Salnés