Os comercios de Vilanova reciben o selo de `Comercios Seguros´

VILANOVA> Os certificados de comercio seguro chegaron ao concello de Vilanova. 25 establecementos conseguiron este recoñecemento que entrega a Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados. O selo é unha garantía para que os clientes acudan a facer as súas compras sen medo aos contaxios.

A Federación Provincial de Comercio, Turismo e Mercados está premiando cun selo de calidade aos establecementos que cumpren coas medidas de prevención fronte á Covid 19. Uns recoñecementos de comercio seguro que foron entregados hoxe nos negocios de Vilanova.

Estes locais garanten ao cliente todas as medidas de prevención.

Dende o consorcio de comercio do Salnés matizan que o futuro dos comercios pasa por garantir aos clientes a súa calidade.

Unha calidade á que están respondendo os clientes nestas primeiras semanas despois do confinamento.

Para o alcalde de Vilanova, este selos son unha garantía máis da seguridade do concello de Vilanova.

Polo de agora recibirán o recoñecemento 25 establecementos, pero non vindeiros días, outros 14 locais portarán o selo de Comercio Seguro.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí