Un paciente de ictus salva a vida grazas a unha videoconferencia

    VIDEOCONFICTUS2 copia.jpg VILAGARCÍA> O Hospital do Salnés e o CHUS colaboraron na asistencia por telemediciña a un doente de infarto cerebral.

    {flowplayer}images/salnes/videoconferencia_hospital_ictus.flv{/flowplayer}

    Foi o primeiro caso de Telemedicina aplicado no hospital do Salnés, logo da presentación do servizo o pasado mes de setembro. Os profesionais de Urxencias  xunto cos neurólogos do Complexo Universitario de Santiago de Compostela coordinaron telematicamente os recursos para aplicarlle ó paciente no menor tempo posible o tratamento axeitado. Tendo en conta que o marxe nestes casos é só de catro horas e media.

    Este sistema permite ós profesionais de ambos centros intercambiar información en tempo real sobre a patoloxía do paciente. Neste caso enviáronse en tempo real imaxes do scanner efectuado, e datos de probas de laboratorio. Feita esta atención urxente, o paciente foi derivado desde o Hospital do Salnés á Unidade de ICTUS do complexo santiagués onde evoluciona favorablemente.

    Redacción Salnés