CCOO Arousa e Pontevedra, contra o preacordo sobre as pensións

    ccoo copia100.jpgSALNÉS> O máis probable é que o consello da confederación do sindicato, que se reúne mañá, aprobe o preacordo.

    {flowplayer}images/salnes/CCOO_PONTEVEDRA_AROUSA.flv{/flowplayer}

    Dende CCOO de Arousa e Pontevedra, o preacordo co goberno socialista vese como algo insuficiente e desequilibrado. A ampliación da idade de xubilación ós 67 anos e do período de cómputo ós 25, son medidas que, segundo os sindicalistas, reducen os dereitos dos traballadores e favorecen á banca.

    O sindicato reúnese mañá en consello de confederación, unha xuntanza na que o máis probable é que se ratifique este preacordo. Un feito do que se lamentan dende as unións comarcais de Arousa e Pontevedra.

    Por outra banda, tanto Fernando Ramos como José Luis García negaron calquera tipo de rebelión pola súa banda ó opoñerse a este preacordo.

    Ambas unións comarcais fixeron un chamamento á calma os afiliados de CCOO, advertindo que, de saír adiante este preacordo co goberno, aínda quedarían moitas reformas sobre as que seguir negociando.

    Redacción Salnés