Zalgiris e Estudiantes estarán na Basket Cup ’10

basketcup250_180210.jpgVILAGARCÍA> A organización da Vilagarcía Basket Cup anunciou hoxe os dous primeiros equipos que confiman a súa presencia na edición deste ano: o Zalguiris Kaunas lituano e o Asefa Estudiantes madrileño. Os dous víronse as caras na final de 2006.

A organización da Vilagarcía Basket Cup confirmou esta mañá a presencia dos dous primeiros participantes no campionato. A mellor escola de formación de xogadores do este de Europa, o Zalgiris Kaunas , voltará a capital arousá. Os lituanos son un auténtico clásico en Vilagarcía, foron gañadores do torneo en catro ocasións e contan con moitísimos adeptos. O público sempre apoia e agradece a súa presencia.

O Zalgiris participará na Basket Cup tras conquistar o primeiro torneo da Euroliga, nun campionato disputado en Roma, hai un par de meses. A súa presencia en Arousa, será como case sempre, a única comparerencia deste gran campión en España. A organización está a tratar que a súa nova estrela, o croata Mario Delas, auténtico protagonista no equipo absoluto actualmente, poda tamén vir a Vilagarcía. En 2006 foi a última ocasión na que a Árbore Alegórica foise cara Lituania, unha edición na que tamén levaron o MVP do torneo personificado no serbio Vladimir Stimac.

Pecisamente a última vez que o Zalguiris proclamouse vencedor foi impoñéndose na final a outro dos equipos xa confirmados para o cartel deste ano, o Asefa Estudiantes. Por terceira vez na historia do torneo o conxunto madrileño estará en Vilagarcía. Sen dúbida a canteira do Estudiantes é una das máis prolíficas do panorama español e tentará gañar por primeira vez na sua andaina.

Trátase dun equipo moi querido alá onde vai e plantéxase acudir a Vilagarcía, como o torneo máis importante da súa temporada para os xogadores entre 20 e 22 anos.

Por outra banda, a partir de mañá, na web www.vilagarciabasketcup.es e tamén por medio da Federación Galega de baloncesto, tódolos equipos interesados en participar na Vilagarcía Basket Cup Base, para as categorías benxamín, alevín e infantil, tanto masculina como feminina e mixto, poderán facer a súa inscripción no campionato.

Redacción Salnés