BOIRO> Os afeccionados ó mundo da camelia terán unha cita obrigada esta vindeira fin de semana en Boiro coa celebración da XIX Exposición da Camelia Sasanqua e outras.
Como xa acontecera o pasado ano, a actividade desenvolverase nas instalacións do Pazo de Goiáns. Prolongarase durante as xornadas do sábado e o domingo, con numerosas actividades no programa.
Na mostra participarán este ano ó redor duns 27 expositores chegados dende toda Galicia, aínda que cunha especial relevancia da comarca do Barbanza.
Dende o Concello, organizador deste evento en colaboración coa Sociedade Española da Camelia, fan unha chamada a visitar esta exposición.
O seu horario será o sábado de cinco a oito e media da tarde e o domingo de once a dúas pola mañá e de cinco a oito e media pola tarde.











