A Escola Municipal de Ballet de Ribeira presenta este sábado ‘Bailadoras’

RIBEIRA>  Este próximo sábado, ás oito da tarde, estrearase o novo espectáculo da Escola Municipal de Ballet de Ribeira titulado ‘Bailadoras’.

E que mellor maneira para facelo, que nas recén inauguradas instalacións do auditorio municipal.

A actividade, que forma parte da programación do Xuño Cultural, está organizado polas concellerías de Cultura e Educación, e servirá de demostración do traballo realizado polo alumnado da escola ó longo do presente curso.

Segundo explicou a súa directora, Cristina Riveiro, trátase dun espectáculo de unha hora de duración, dedicado a diversos traballos dos que desenvolven asmulleres en moitas vilas mariñeiras.

A entrada será de balde, coa obriga de retirar as invitacións a partir dunha hora antes do comezo do espectáculo.