Os sindicatos mobilízanse contra o retraso da idade de xubilación

    ccooretrasoidadexubilacion_100_190210.jpgRIBEIRA> A Unión Comarcal de CC.OO. convoca ós delegados nas empresas da Barbanza de cara a manifestación que terá lugar en marzo contra esta proposta.

    O sindicato Comisións Obreiras no Barbanza celebrou esta mañá unha asamblea informativa cos delegados da comarca para informalos sobre a proposta do goberno central de ampliar a idade legal de xubilación ata o sesenta e sete anos.

    Dende o colectivo sindical teñen previsto iniciar unha serie de mobilizacións contra esta medida, que consideran inxusta e desproporcionada. 

    {flowplayer}barbanza/ccooretrasoidadexubilacion.flv{/flowplayer}

    Para os representantes sindicais na Barbanza, o Goberno central creou alarma entre a cidadanía ó poñer en dúbida a solvencia do actual sistema de pensións e ó insistir que o retraso na idade de xubilación é un debate que se debe abordar inevitablemente.

    Sistema con boa saúde

    Xosé Lamela, responsable comarcal do sindicato, indicou que “hoxe por hoxe o sistema goza de boa saúde” pero que sería preciso adoptar medidas máis racionais que permitisen crear un Fondo de reserva para afrontar as vindeiras xubilacións.  Dende o colectivo sindical criticaron a actitude da banca por aplaudir a proposta do goberno, dado que o feito de crear incertidume no sistema público de pensión garante o fortalecemento do sistema privado.

    As mobilizacións, convocadas por Comisións Obreiras e UXT, celebraranse o dous de marzo simultaneamente en A Coruña, Lugo, Ourense, Vigo e Vilagarcía. O sindicato fletará autobuses que sairán da comarca da Barbanza a media tarde cara a cidade herculina con todos aqueles que desexen participar na concentración que se desenvolverá baixo o lema ‘Na defensa do sistema de pensións. Non ó atraso á xubiliación’.

    Redacción Barbanza