O PP aposta por un plan plurianual para rexenerar a ría

ppnoiarexeneracionria_100_190210.jpgNOIA> O grupo municipal do PP presentou as súas alegacións ó proxecto de rexeneración da ría, que consideran pouco axeitado e incompleto.

{flowplayer}barbanza/ppnoiarexeneracionria.flv{/flowplayer}

Unha vez analizado o proxecto de rexeneración da ría previsto polo Ministerio de Medio Ambiente con minuciosidade, o grupo municipal do PP noiés, calificouno de pouco ambicioso, xa que non contempla solucións integrais e prevé unicamente a retirada do canal da escolleira de acceso.

Falla de rigor

Ademais segundo Antonio Pérez Ínsua o estudo de impacto ambiental é pouco rigoroso.

Entre outros aspectos os populares botan en falta tamén que no proxecto non se contemplen as mobilidades nin tampouco posibles usos portuarios futuros, entre outros.

Neste sentido, sinalan tamén que tampouco se menciona nin se ten en conta ó ente Portos de Galicia, organismo con competencias sobre a zona de actuación, o que fai pensar de que se trata dun estudo improvisado.

Primeira fase

Por todo isto os membros do PP noiés solicitarán que os 2’7 millóns de euros previstos para esta actuación se destinen á retirada parcial da escolleira de fóra cara a dentro, e á limpeza proporcional dos lodos desta zona ata esgota-lo presuposto asignado, así como que o proxecto se contemple coma unha primeira fase dunha actuación máis ampla a desevolver en varias etapas que debería acometerse en base a un plan plurianual no que se reservara ano a ano nos Presupostos Xerais do Estado a partida necesaria ata completa-la limpeza e rexeneración da ría.

Redacción Barbanza