RIANXO> A confraría de Rianxo urxe a toma de medidas para a rexeneración da ría. Dende o pósito rianxeiro instan a Mar a elaborar un estudo técnico sobre as causas da perda de produtividade dos bancos de libre marisqueo.
Xa o ano pasado, os mariscadores de Arousa concentrábanse en Rianxo para reclamar a rexeneración da ría. A día de hoxe, insisten na necesidade de tomar medidas, como a realización dun estudo técnico que determine as causas da improdutividade dos bancos de libre marisqueo que levan anos baixo mínimos.
As expectativas, lonxe de melloras, son desoladores. Nas recentes mostraxes desenvolvidas pola confraría de Rianxo comprobaron que o marisco non desova polo que a vindeira campaña tampouco augura grandes resultados.
O patrón maior rianxeiro apunta ós vertidos como posible orixe destes problemas polo que instan a Augas de Galicia a incrementar os controis e facer cumprir a normativa.