Os praceiros indignados pola apertura de comercios en días festivos

    VILAGARCIA> Onte varios comercios de Rubiáns abriron as súas portas ao público. Una acción que non sentou de todo ben no sector comercial, debido a que os días festivos ningún establecemento debería abrir, xa que algúns comerciantes considérano competencia desleal. 

     

    A Asociación de Comerciantes da Praza de Abastos de Vilagarcía esixe ao Concello medidas contra os establecementos que abran as súas portas durante as xornadas festivas. 

    O representante dos comerciantes da praza recoñeceu as cámaras do Canal Rías Baixas que no día de onte, que se conmemoraba o día das Letras Galegas mediante un festivo de carácter autonómico varios establecementos comerciais abriron as súas portas ao público en Rubiáns. 

    Unha situación na que existe unanimidade de opinións entre os comerciantes da vila…

    Pola súa banda o Concello remitiu un comunicado aos medios explicando que ao ser un festivo, a competencia corresponde a Xunta de Galicia, ademais recorda que segundo a normativa autonómica a apertura destes comercios axustase a lei… xa que esta permite a apertura en días festivos de aqueles establecementos de menos de 300 metros cadrados. 

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/18/praceiros_peche_festivos_600px.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2016/05maio/18/praceiros_peche_festivos.mp4{/flowplayer}