O concello de Boiro pavimenta de novo a rúa peonil

    pavimentacionruaboiro_100_22022010.jpgBOIRO> O executivo boirés iniciou a substitución das lousas de pizarra por outras de granito na rúas peonís Pablo Iglesias e Santos Mieites.

    De todos eran sabidos os problemas que presenta o firme en varias zonas das rúas peonís de Boiro, fundamentalmente naqueles tramos das rúas Pablo Iglesias e Santos Mieites nas que se instalou pizarra.

    A elección deste pavimento non foi, segundo manifestan dende o propio concello, unha boa idea. O tráfico que diariamente circula por elas, sobretodo vehículos de carga e descarga e aqueles que se dirixen ós garaxes, estragou o pavimento. Por esta razón e vendo o panorama existente, o executivo local estivo nos últimos meses buscando unha solución o máis satisfactoria posible, tanto para os peóns como para os comerciantes.

    {flowplayer}barbanza/pavimentacionruaboiro.flv{/flowplayer}

    Así chegou a un acordo coa empresa Sonense de granitos que se encargará de prover ó concello boirés dos adoquíns de granito abuxardado necesarios para acomete-la obra.

    Esteticamente o cambio non será moi significativo, xa que no último tramo da rúa Pablo Iglesias, cara a Praza da Mancomunidade xa se empregara este material coma pavimento.

    Redacción Barbanza