Rueda preside en Rianxo a colocación da primeira pedra da factoría de Stolt Sea Farm

RIANXO> Acompañado pola conselleira do Mar, Marta Villaverde, representantes da firma norueguesa e xunto ó alcalde, Julián Bustelo, e demais autoridades locais, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,asistiu esta mañá en Rianxo ó acto simbólico de colocación da primeira pedra da nova planta de procesado e envasado e distribución de peixe que Stolt Sea Farm pretende levantar no parque empresarial de Té.

Durante a súa intervención, o titular do Goberno Autonómico reivindicou o liderado de Galicia en acuicultura, avogando por atraer cara a nosa comunidade novos investimentos vinculados a este sector.

Rueda tamén puxo en valor o compromiso da firma con Galicia e agradeceu que a compañía siga a apostar pola nosa comunidade para desenvolver os seus proxectos de expansión.

A nova planta Stolt Sea Farm en Rianxo, un dos 18 proxectos industriais declarados como estratéxicos en Galicia, suporá un investimento próximo ós 45 millóns de euros e prevé a creación de máis de 170 postos de traballo directos.