Os concellos do Barbanza ofrécense para seguir acollendo refuxiados

BOIRO> Boiro sumouse á vaga de solidariedade co pobo ucraíno a través do acollemento de media ducia de nenos. Os cativos chegaron esta semana ó municipio barbanzán para reunirse coas súas familias de acollida.

Seis nenas ucraínas e a súa nai chegaron esta semana a Boiro para encontrarse coas súas familias de acollida. Os pequenos chegaron a través da ONG ‘Nenos de Ucraína e Andalucía’ coa que xa viñan colaborando diversas familias do municipio acollendo cativos nos períodos de vacacións. O concello de Boiro organizou o traslado dos menores e a súa nai dende Madrid.

Ademais de facilitar os recursos necesarios para o traslado dos menores, o concello de Boiro pon a disposición das familias de acollida a asistencia necesaria mentres dure a estadía dos nenos en colaboración con outras entidades sociais para contribuír as economías desas familias que acollen desinteresadamente e por un tempo indeterminado.

Dende o concello animan a máis familias a apostar pola acollida de refuxiados nas súas vivendas ou ben poñendo a disposición pisos ou casas baleiras. O departamento de Servizos Sociais ofrece asesoramento e todo tipo de recursos para os interesados.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí