BOIRO> O suceso tiña lugar esta mañá nunha zona próxima ó porto de Escarabote.
O que puido ser unha traxedia no mar, quedouse só nun pequeno susto. Un mergullador da Pobra, que se atopaba andando á navalla, sufriu un incidente cunha embarcación. O barco enganchou o cable de osíxeno do mariscador, arrastrándoo a flote.
O feito de que saíra a superficie violentamente, sen ter completada a descomprensión, fixo que saltaran as alarmas, polo que foi mobilizado o helicóptero para o seu pertinente traslado ó hospital de Ferrol, centro hospitalario equipado cunha cámara hiperbárica que se emprega habitualmente neste tipo de casos.
Aínda así, e segundo relataron os propios testemuños que nese momento había no peirao, non foi necesario. O mergullador saíu da embarcación que o trasladou ata o porto polo seu propio pé e alí foi atendido por unha ambulancia do 061 que posteriormente o mobilizou ó hospital da Barbanza.