Punta Cabra e Abuín perfílanse como as mellores opcións para a EDAR

terreosdepuradorason_100_230210.jpgPORTO DO SON> O concello segue traballando para contar cunha nova depuradora que dea servizo á zona sur do municipio.

{flowplayer}barbanza/terreosdepuradorason.flv{/flowplayer}

Tras manter unha xuntanza cos posibles afectados, o executivo presentou un documento en Augas de Galicia coas alternativas de ubicación para a futura EDAR.

O documento presentado ante organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente recolle as catro ubicacións baralladas para a implantación da nova EDAR, incluída a que no seu día propuxo o goberno local do Partido Popular en Tarrío. Esta alternativa foi desbotada polo actual executivo posto que afectaba a unha zona protexida na Rede Natura ademais de a varias vivendas, e supoñía un importante impacto visual e medioambiental, co risco de vertidos á praia do Dique.

Menor afectación

Descartado este primeiro emprazamento, o goberno mantivo un encontro cos veciños das zonas de Baroña e Queiruga para propoñer outras ubicacións, que se recollen no estudo presentado ante Augas de Galicia. As mellor valoradas polo concello son a alternativa dous e a tres, nas zonas de Punta Cabra, máis coñecida como Punta Gallufe, e Abuín.

A intalación da nova EDAR nestes terreos suporá ademais unha mellora para as zonas de labradío lindeiras posto que conlevará a apertura de viais, en lugar dos camiños rochosos que se utilizan na actualidade para acceder ás parcelas.

Documentación

Agora, o concello dispón dun prazo de mes e medio para poñer a disposición os terreos e toda documentación relativa á nova estación incluido un anteproxecto do sistema de depuración completo.

Redacción Barbanza