Veciños da Capela protestan polos continuos cortes no alumeado público

    vecinoscapela_100_230210.jpgRIANXO> A pesar de terllo solicitado en máis dunha ocasión ó concello, este aínda non dou unha solución satisfactoria ó problema plantexado polos veciños.

    {flowplayer}barbanza/vecinoscapela.flv{/flowplayer}

    Están cansos de ter que soportar dende hai tempo constantes cortes de luz no alumeado público. Un problema que segundo eles lles está a causar graves prexuízos. Séntense veciños de segunda, totalmente marxinados, en comparación con outras zonas do concello, preguntándose mesmo se non pagan os mesmos impostos. Segundo os propios veciños o concello e a empresa subministradora, neste caso Unión Fenosa, estanse a pasar uns a outros a pelota.

    Sen resposta

    O grupo municipal do Partido Popular tamén se fixo eco deste malestar dos veciños da Capela. Así a súa voceira Vanessa Martínez explicou que xa hai algúns meses esta formación política levou a pleno este problema sen obter unha resposta clara por parte do alcalde.

    Inseguridade

    Ademais para os populares rianxeiros a falla do alumeado público está a provocar inseguridade nos propios veciños, temendo que se poida incrementa-lo número de roubos.

    Por esta razón solicítanlle ó executivo local que á máxima urxencia posible lle dean unha solución satisfactoria a este problema.

    Redacción Barbanza