A Pobra volverá a ofertar a Mostra de Teatro Afeccionado

POBRA> Esta mañá presentábase na Pobra unha nova edición da Mostra de Teatro Afeccionado que organiza a concellería de Cultura.

Trátase xa dunha cita habitual na oferta cultural nesta época do ano na localidade, cun enorme tirón entre a veciñanza.

O ciclo prevé tres actuacións de grupos non profesionais. A primeira das funcións será xa este vindeiro domingo con Teatro do Asteleiro que presentará ‘O caso do cadáver asasinado’. O día 25 subirá o escenario a compañía Quemaisten Teatro coa obra ‘Terapia de Grupo’ e o 1 de febreiro actuará Teatro das Maniotas do IES de Brión coa peza ‘A noiva cadáver’.

A estas tres actuacións de compañías de teatro afeccionado, sumarase outra función, neste caso a cargo dun grupo profesional, Ítaca Teatro, que estreará na localidade ‘Profetas’.

A entrada será de balde e tódalas funcións terán lugar os domingos ás sete da tarde no Teatro Elma. A proposta forma parte da Rede Cultural da Deputación da Coruña.