Os sectores afectados piden a Portos que se pronuncie sobre a remodelación da fachada marítima

polemicafachadamaritimason_250210.jpgPORTO DO SON> O proxecto de remodelación da fachada marítima de Porto do Son segue a ser motivo de conflito entre o goberno e a oposición.

{flowplayer}barbanza/polemicafachadamaritimason.flv{/flowplayer}

Tras manter un encontro cos sectores afectados por esta actuación, o executivo local decidiu convidar ó presidente de Portos de Galicia para expoñerlle as demandas dos usuarios da zona portuaria. 

O convenio para a remodelación da fachada marítima de Porto do Son asinábase o pasado 17 de febreiro de 2009. A pesar de que a obra, que contaba cun orzamento de tres millóns de euros, chegou a ser adxudicada provisionalmente, o cambio de goberno na Xunta se traduciu nunha paralización do proxecto.

A agrupación local do Partido Popular pediu a súa revisión alegando a falta de consenso e o descontento por parte dos sectores afectados. Sen embargo, os representantes do goberno local veñen de manter un encontro cos usuarios da zona portuaria que desmentiron este punto.

Nesta xuntanza acordaron enviar un convite conxunto ó presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana, para que se desprace ata Porto do Son co fin de esclarecer en que situación se atopa o proxecto.

O obxevtivo do goberno local é evitar que se perda a inversión destinada a Porto do Sonpero buscando sempre o consenso de tódolos afectados.

‘Manipulación’

A agrupación sonense do partido popular saíu o paso desta acusacións arremetendo contra o propio executivo local o que cualificou de manipulador e de usar como arma ás entidades afectadas contra o goberno da Xunta de Galicia. 

O voceiro da agrupación do partido popular de Porto do Son non tardou en negar con rotundidade as declaracións do bipartito local nas que aseguraban que cando gobernaba nunca mantivera unha xuntanza coas entidades afectadas polo proxecto de remodelación da fachada marítima.

Tomé asegurou que non só tratara con estes colectivos este asunto, senón que mesmo chegou a recoller as súas propostas que se plasmaron en varios documentos, xustificando así a necesidade de refinición do proxecto. Asegurou que incluindo estas novas actuacións mesmo se conseguiría incrementar o orzamento do proxecto, que pasaría a tres a cinco millóns de euros.

Tomé tachou o grupo de goberno sonense de manipulador, advertindo que está a usar os colectivos afectados como arma contra o goberno autonómico, o que critica primeiro e co que logo pretenden manter unha xuntanza.

O voceiro popular considera que o único que busca o executivo sonense e acometer o proxecto de reordenación do bordo interior que se elaborou cando gobernaba o socialista Ramón Quintáns.

Redacción Barbanza