Pontevedra xa se prepara para celebrar a Feira Franca

Pontevedra> En Pontevedra van de festa en festa, se onte se puxo o broche de ouro as festas da Peregrina deste ano, dende hoxe dende o Concello xa está a traballar nos preparativos dunha nova edición da Feira Franca. Unha festa para a que a Boa Vila xa se está a preparar e tamén toda a cidadanía co aluguer e compra de traxes de época.

A imaxe de hoxe, quitar uns andamios… para poñer outros… Pontevedra xa se está preparando para  unha nova edición da Feira Franca. A cidade xa se está engalanando e tamén a cidadanía co aluguer e compra de traxes para este día especial. Nos hoxe fixeron unha parada nun destes establecementos. O da rúa Real, un espazo que neste 2018 xa abriu as súas portas no mes de xullo.

E que nesta ocasión chega con novidades…

Iso sí, unha cousa está clara… o que máis se leva este ano son…

E as princesas triunfarán nesta nova edición…

Os prezos cos que contan esta vestimenta de época son os seguintes…

Un establecemento que conta con tallas dende os máis pequeniños ata a 3 XL e tamén fai traxes a medida e por encargo, iso sí, dense presa porque esta semana será a última que aceptan os encargos. A vindeira semana será toda de alugueres…

O que si que deixan claro dende este establecemento é que cada vez a xente traballa se prepara máis para esta cita tradicional e coa historia da cidade.

Así que xa o saben se queren deixar todo listo para unha das citas máis agardadas do calendario pontevedrés esta é a súa semana… a Feira Franca os estará agardando dende o venres 31 ata o sábado 1 de setembro.