Ventos de ata 140 km/h azoutarán mañá ás Rías Baixas

    temporal_100.jpgSALNÉS> Mañá agardámonos un forte e intenso temporal tanto no mar como na terra con ventos que podería chegar ata os 140 kilómetros por hora.

    {flowplayer}images/salnes/26022010_recomendacions_temporal.flv{/flowplayer}

    Este fenómeno atmosférico pouco habitual, denominado xa co sobrenome de Cintia, recibe a cualificación de alerta vermella. Cintia cobrará máis intensidade a partir da mediodía de mañá e prolongaráse ata aproximadamente ás tres da amencida. Neste tempo compre extremalas precaucións. Hai que ter en conta tamén que é moi probable que en certas zonas chegue a fallar o subministro eléctrico cas molestias e carencias que esta ausencia sempre ocasiona.

    Ante calquera incidencia, os corpos de emerxencia redobrarán esforzos para atender as moitas solicitudes que se agardan. Para pedir axuda, como sempre,deben chamar ó 112.

    Concellos como o de Vilagarcía xa elaboraron un plan de actuación conxunta entre os distintos corpos de seguridade e emerxencia co fin de actuar de xeito coordinado e máis efectivo. Esta mesma mañá a Alcaldesa mantiña a última xuntanza cos responsables dos anteditos servicios, e tamén cos de obras, electricidade, xardíns e comunicacións. Tempo antes, os servizos municipais estiveron traballando en tarefas preventivas como a limpeza de sumidoiros, ou tala de árbores en mal estado.

    No Concello de Sanxenxo suspenderon tódalas actividades educativas e de lecer municipais durante toda a xornada de mañá.

    Redacción Salnés