Borussia – Calvo Sanz e Xetafe – Español abren a AF7

arousa7250_060608.jpgVILAGARCÍA > Pistoletazo de saída para a Arousa Futbol 7. Rapaces en categoría alevín de 24 das canteiras máis pontentes do mundo, estarán esta fin de semana en Vilagarcía para amosar o seu potencial e para intentar levarse o título.

Todo listo e disposto para que comece o espectáculo. A 13ª edición da Arousa Fútbol 7 arranca esta tarde en A Lomba coa disputa da primeira xornada nos grupos. Borussia – Dortmund – Luis Calvo Sanz e  Xetafe – Español serán os partidos que sirvan de apertura para o torneo a partires das 18:00.

Será por tanto o día das presentacións dos equipos, todos xogarán un partido e poderán comezar a medir forzas. Contra as 21:30 rematará a xornada coa disputa do Atlético de Madrid – Ath. Bilbao e co Pabellón – París Sant Germain, encontro no que os ourensáns calibrarán o potencial dun equipo francés que acude este ano a Vilagarcía coma defensor do título.

Outro dos partidos atractivos para o público será o que dispute o conxunto anfitrión, o Arousa, ante o Boca Juniors, será ás 20:20. O cadro arxentino veu cun plantel débil físicamente pero excelentemente dotado técnicamente; ademais, levan xa tres días en Vilagarcía adaptándose ó clima e o novo horario.

Esta tarde e a diferencia doutros anos non se levará a cabo ningún acto de inauguración. Sen embargo sí que os planteis serán recibidos na Lomba a partires das 16:30, xusto antes de que faga o mesmo o Concello.

A partir de hoxe quedan por tanto tres días de intensa actividade futbolística, que rematarán o domingo coas finais. Moitos olladores pasaranse pola Lomba para ver de preto as evolucións dos cracks do futuro. De aquí xa sairon grandes estrelas como o gardamallas do Valladolid Segio Asenjo, o canteirán madridista e xogador do Xetafe Esteban Granero ou o xovencísimo crack azulgrana Bojan Kirkic. Que pasen os seguintes.

Redacción Salnés