![]()
VILANOVA> A Casa Museo de Valle Inclán de Vilanova cumpre este venres dez anos. Á inauguración en 2002 asistiron entre outros Mariano Rajoy, …
{flowplayer}images/salnes/ACTIVIDADES_ANIVERSARIO_VALLE_230512.flv{/flowplayer}
… entón ministro de Cultura, e Ana Pastor, daquela subsecretaria dese ministerio. Unha década despois o Concello só poderá contar para o acto oficial do aniversario coa agora ministra de Fomento, que chegará sobre as sete da tarde.
Nestes dez anos, a casa do Cuadrante conseguiu situarse como un dos museos máis visitados de Galicia. Entre os ilustres visitantes figuran, do mundo da cultura, o Novel de Literatura do 2000 Gao Xingjian, as escritoras Espido Freire e Ana María Matute, ou a cantante Teresa Rabal. E entre os políticos, presidentes da Xunta, conselleiros, presidente da Deputación ou mesmo o ex presidente arxentino Raúl Alfonsín. O alcalde recoñece que a obra e a figura de Valle Inclán chama moito e que na actualidade o museo xa supera as dez mil visitas anuais.
O acto oficial do venres incluirá o descubrimento da escultura ‘El hidalgo, Don Ramón’, de Lúcas Míguez. Tamén o venres, ás nove da noite, haberá un concerto de Teo Cardalda e María Monsonís no Xardín da Casa Museo.
Previamente, este xoves, á unha da tarde inaugurarase unha exposición fotográfica cedida polo Museo da Pobra, concello co que acaban de cumprir 4 anos de irmanamento.
O programa complétase coa actuación da Coral Cantigas do Castro de Baión o sábado ás oito e media da tarde no xardín do museo. Ademais, con motivo deste décimo aniversario, o Concello renovou o folleto promocional do Cuadrante.
Redacción Salnés









