Unha quiniela de catorce acertos deixa máis de 250 mil euros en Rianxo

    quinielarianxo_010310.jpgRIANXO> A sorte volveu elixir o municipio rianxeiro para deixar un bo puñado de euros entre algún dos seus veciños.

    {flowplayer}barbanza/quinielarianxo.flv{/flowplayer}

    Non cabe dúbida de que Rianxo, ademais de berce de ilustres escritores, é terra afortunada nos xogos de azar. Esta vez, foron máis de douscentos cincuenta mil euros para o afortunado ou afortunados acertantes dunha quiniela de catorce selada na administración número 2.  Un novo premio que se vén sumar ós múltiples repartidos pola administración O Mexillón de Ouro.

    A boa racha desta céntrica administración fai que moitos rianxeiros se despracen dende tódalas parroquias para selar aquí os seus boletos. Este luns, nas colas que se formaban ante a porta non se falaba doutro tema. E é que aínda non foran eles os afortunados, todos amosaban a súa ledicia polo feito de que a deusa fortuna volvese pasearse por Rianxo.

    Agora só queda seguir probando sorte que, aínda que caprichosa, semella ter un especial afecto por este rincón do Barbanza.

    Redacción Barbanza