O PP da Pobra volverá levar a pleno a reprobación do alcalde

POBRA> O PP da Pobra volverá levar a pleno a reprobación do alcalde trala detención do Nigeria polo roubo de material de obra nun local municipal. Critican que o executivo lle teña cedido unha vivenda, de xeito irregular, a pesar das súas reiteradas prácticas delictivas.

Os populares da Pobra non podían ocultar a súa sorpresa ante o feito de que o Nigeria siga vivindo no local cedido polo concello cando hai uns días foi detido polo roubo de material de obra municipal.

Por este motivo, volverán levar a pleno a reprobación do alcalde e do concelleiro de Servizos Sociais ante unha situación que cualifican de inxusta.

Apelan ó resto de forzas políticas, nomeadamente ó BNG, a posicionarse do lado da cidadanía e non, di Durán, dos delicuentes. A este respecto, os nacionalistas xa veñen de rexistrar unha pregunta sobre as medidas que ten previsto tomar o executivo ante a implicación nestes roubos de persoas que se atopan baixo a protección dos servizos sociais municipais.